Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
De volta na escola tras este período vacacional seguimos coa Hora do Conto ou Hora de Ler, momento do día no cal gozamos de fermosas historias. Nesta ocasión coñecementos a Cocorico, un pequeño pitiño que Picotí, picotá… rematou todo o biscoito que fixera coa súa nai, sen lembrarse do trato que aceptara con Gato Pelado.
Pero isto non é todo, descubrimos que podemos contar e cantar.
O Kamishibai é popular do Japón e significa "Teatro de Papel". Esta forma de contar contos, popular nesta zona asiática suele aproveitarse para facer que os cativos e cativas gocen das lectura dunha forma orixinal e creativa.
Para poder crealo, normalmente debemos confeccionar un conxunto de láminas que teñen un debuxo nunha cara e o texto noutra, polo que se precisa dun presentador ou intérprete. A lectura do Kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre o teatrillo de tres portas denominado "butai" de cara o auditorio e movendo as láminas unha tras outras mentras se le o texto.
Nos decidimos facer unha sinxela adaptación ao nivel de Educación Infantil, neste caso de tres anos, polo que empregamos unha viñeta a través da cal contar a historia. Neste caso David foi o noso intérprete. Aquí deixamos unhas instantáneas desta fermosa presentación.
A través dos Amigos del Kamishibai atoparedes más información, documentos para descargar e incluso experiencias de aula.
Este tapa pertence a o conto titulado Dona Carme de Manuel Bragado e coas ilustracións de Pepe Carreiro. Este texto presentános a Dona Carme, unha velliña que dormía compracida, tanto era así, que non se decataba do que estaba a ocurrir debaixo da súa cama (a cadela ladraba, o gato miaba, o rato chiaba, o gallo cantaba, o avella beaba……..), ata que por fin espertaba.
Un bo exemplo dunha estrutura acumulativa de fácil memorización polos cativos e de grandes posibilidades dentro da aula. Sobre todo, estanos a permitir:
Avanzar no coñecemento dos animais domésticos.
Discriminar auditivamente os sons dos diferentes animais.
Reproducir onomatopeias.
Descubrir conceptos espacias básicos como arriba e abaixo.
Esta semana foi a quenda de Teresa, quen nos deleitou con dous sorprendentes contos. Destacamos un deles, por consideralo un fermoso título.
¿Me perdonas? de Nobert Landa da editorial Pearson Educación/Alhambra trata sobre Oso e Conejo dous grandes amigos que o facían todo xuntos: comer, xogar, contarse contos.... Ata que un bo día un obxecto brillante que atoparon no seu xardín os separou.
Os crocodilos, son animais que a priori podemos considerar feos, temorosos e moi perigosos, agora ben non todos son así. Grazas a lectura de Pilú!, Pilú! coñecemos un crocodilo cunha gran dor de moas, que precisará da axuda dun simple paxariño para superar esa pena. Esta situación fará que estes dous animais creen vínculos de amizade que perdurarán no tempo.
Trala fermosa lectura quixemos retratar aos seus protagonistas, ollade as nosas ilustracións.
Case cerrando esta semana na cal o eixe central foron os libros, contamos coa visita de dúas grandes contacontos: a mamá de Carla, Mari Carmen, e a mamá de Silvia, Sonia.
A primeira en chegar foi Mari Carmen, coa cal gozamos da lectura de Un bicho extraño de Mon Daporta da editorial FaKtoría K de libros. Para aqueles que non o coñezades poderedes ver este videoconto contando por Ana Gil, recollido do Laboratorio de la lectura de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
E con Sonia, a segunda gran lectora, coñecemos un simpático oso panda, a traves do libro El oso panda y el bambú publicado pola editorial Susaeta.
Como poderes comprobar unha magnífica forma de crear grandes lectores é crear bos contextos lectores, obxectivos primordial desta actividade. A continuación propoñemos unha serie de instantáneas destas lecturas.
Xa chegou mércores, por fin!!! decía Marcos. Levaba toda a semana esperando este día, que por que?, non volo imaxinades?, pois porque a súa nai ven ler un conto despois do recreo.
Preparamos todo, achegámonos á biblioteca e..... comezamos. Os títulos escollidos nesta ocasión foron En la granja e unha fábula de El lobo flautista y el cabrito.
Por certo, entre conto e conto, tivemos unha visita inesperada, unha formiga que quixo compartir con nós a lectura destes fermosos contos.
Este luns estivo cheo de grandes sorpresas, e sobre todo de grandes lecturas.
A primeira hora visitounos a mamá de Manuel, Raquel quen nos agasallou coa lectura de A Bruxa Regañadentes, da editorial OQO. Para aqueles que non o coñezades, ai vos vai este video.
Como se pode ver nas seguintes imaxes gozamos desta contacontos con sorpresa, xa que unha vez rematado o conto, obsequiounos unha gran torta de chuches, ummmm que ricas!!!!.
Moitas grazas Raquel por colaborar nesta proposta.
Estaredes a preguntarvos, quen ou quenes foron os segundos contacontos, non? Pois....... foron os nosos compañeiros de 3º de Educación Primaria, quenes en vísperas da celebración do Día do Libro, quixeron participar nunha sesión literaria. Puidemos escoitar tres relatos creados por eles e como non, facerlle infinidade de preguntas.
Moitas grazas a todos eles, por compartir con nós unha tarde chea de moitas inquedanzas arredor da lectura.
Pero que hai máis fermoso que as mostras de amor?, e se son en forma de fermosos bicos moito mellor!!!. Por iso, durante estas semana estivemos a conversar sobre o amor, os bicos a súa importancia, as cores.... e claro, para todo iso empregamos un conto estupendo que tres picariños, Manuel, Carla e Silvia, xa coñecían, MAMÁ, ¿DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS? de Elisenda Queralt ilustrado por Carla Pott e editado por Itsimgical (Imaginarium).
Unha fermosa historia de Pablo, un cativo con moitas inquedanzas e cuestións, sobre todo arredor das cores dos bicos, pero ¿os bicos poden ser de cores?.
Pois si, descubrimos que hai bicos laranxas, azuis, verdes, vermellos...... tantas cores como o arco da vella; non todos teñen o mesmo significado, se queredes descubrir cal é cal, ollade este video.
Tralas vacacións toca ensinar os agasallos e as novidades de Nadal. Pois ben, Alicia presentounos a Carabuñas, un dos contos que se recollía nas recomendacións lectoras para o Nadal que nos ofertaba a nosa biblioteca escolar. Canta emoción explicando o que máis lle gustara do conto!.
Emoción que todos os picariños asumiron, así que, escoitaron entusiasmados a historia deste simpático bruxo, fixándose en cada un dos detalles que aparecían no conto.
O libro estivo varios días na aula, e decidimos facer, cada un de nós, a Carabuñas, agardamos que a Margarita del Mazo e a Charlotte Pardi non lles importe.
Como xa comentaramos na entrada anterior, os contos son unha das ferramentas máis importantes que temos nas aulas, e incluso nas casas dos nosos picariños, por iso temos que aproveitalos e sacarlle o máximo rendemento.
Nesta ocasión serviunos para coñecer as partes da cuberta ou tapa, mal denominada portada, pois para aqueles que non o saibades, a portada e a folla do interior do conto onde volven aparecer o título e máis datos do libro.
Recollemos todos estos datos na seguinte ficha de rexistro.
Manu, un dos nodos picariños trouxo fai unhas semanas o conto Os tres Bandidosde Kalandraka co cal nos divertidos á par que traballamos formación documental, é dicir, cal é a cuberta e contracuberta ou tapa e contratapa do conto, lomo, onde podemos atopar o nome do autor, o do título e o da editorial.... entre outros aspectos.
Aquí vos deixamos un video do conto.
Os pícaros o escoitaron con moita atención, tanta, que fixádevos nos detalles dos nosos debuxos.
Un novo conto chegou as nosas mans, neste caso grazas a unha das nosas picariñas, Silvia, quen a semana pasada nos sorprendeu cun fermoso conto "El rey que con orejas de caballo" de Eric Maddem. Nel cóntase a historia do rei Marcos, un rei diferente, un rei con orellas de cabalo que trata de disimulalo cun pano de seda. Esta historia permitiranos axudarlle aos máis pequenos a que non teñen que sentir vergoña co seu corpo, forma de ser.....
Queredes escoitalo?
Trala súa lectura decidimos debuxarlle nós as súas orellas, como serían? Pensamos nos cabalos e como estes teñen as súas orellas, e tamén comparamos coas orellas doutros animais. A maiores compoñemos o nome do protagonista do conto, do rei, que sorte!!! nós tamén contamos cun Marcos na aula.
Fai un par de semanas xa informamos de que iniciabamos a actividade semanal do Préstamo Bibliotecario.
Recordemos que os picariños semanalmente deben levar un libro da biblioteca para a súa casa, lelo coa súa familia e facer unha actividade onde rexistre o seu nome, título do conto, un debuxo e a maiores a súa valoración do conto.
Xa chegamos a venres, e con este o remate da actividade para conmemorar o Día do Libro. Nesta xornada acudiron a aula Raquel e Montse, mamá Manuel e Uxía respectivamente.
A primeira visita en chegar foi Raquel, quen traia dous contos debaixo do brazo. O primeiro, e como non podía ser doutro xeito era Un conto cheo de lobos da editorial OQO, xa que a Manu encántanlle os lobos. Este conto está cheíño, cheíño de lobos; lobos grandes, lobos pequenos, lobos durmidos, lobos espertos, lobos xigantes, lobos ananos......
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do conto, esperamos esperten a vosa curiosidade?.
O segundo conto tamén era moi especial, e espertou a curiosidade dos picariños, xa que nel aparecía un singular personaxe, el pirata Pata de Lata da editorial Kalandraka. Este pirata trouxo un doce tesouro que veredes no vídeo que engadimos ao final desta entrada.
Eu atopei unha canción do Pirata de Lata que espero vos guste.
Montse, o segundo contacontos, decantoune por un conto clásico que lle encanta a Uxía, Brancaneves e os sete ananos.
Sen lugar a dúbidas durante esta semana tivemos variedade e cantidade de contos. Agora só quedar agardar á próxima. Grazas a todos e sen máis o video deste venres.
Os contacontos seguen chegando, e os nosos picariños están moi entusiasmados e ensimismados. Nesta xornada de mércores tocoulle o turno a dúas mamás, a de María, Belén, e a de Rubén, Teresa.
Belén presentounos o conto Un becho estraño de Factoria K de libros, que comeza así: "Mira que mira mirando, atopei un becho estraño, coa feitura dun ovo: gordo arriba, abaixo fraco. Tiña por riba dous pés, entre os pés un longo rabo........". Xa sabedes de que se trata?
E, como non se poñían de acordo, tamén nos contaron Caracol e Caracola da editorial OQO.
Mirade que fermosas ilustracións!, no seguinte vídeo poderedes ver unha versión deste conto.
O segundo conto deste mércores veu da man de Teresa, quen nos presentou unha toupiña, pero non calquera, senón A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza da editorial Kalandraka.
Buscando, buscando atopei un video do conto da toupiña en castelán, e outro no que canta a historia acontecida.
A CANCIÓN
O CONTO EN CASTELÁN
A maiores, e para coñecer un chisquiño máis esta toupiña, que vos parece se xogamos?. Aquí vos deixamos unha actividade LIM realizada por Naiara do CEIP de Viñas, Poio. Para poder xogar premede no texto que aparece debaixo da toupiña.
SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS
POR UN ENSINO PÚBLICO
Pintura de Leandro Lamas
Contacta con nós
ospicarosdevane@hotmail.com
AGORA NO MÓBIL
Abre o lector de Códigos QR, achega o móbil e goza cos Picariños.