Pero que hai máis fermoso que as mostras de amor?, e se son en forma de fermosos bicos moito mellor!!!.
Por iso, durante estas semana estivemos a conversar sobre o amor, os bicos a súa importancia, as cores.... e claro, para todo iso empregamos un conto estupendo que tres picariños, Manuel, Carla e Silvia, xa coñecían, MAMÁ, ¿DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS? de Elisenda Queralt ilustrado por Carla Pott e editado por Itsimgical (Imaginarium).
Unha fermosa historia de Pablo, un cativo con moitas inquedanzas e cuestións, sobre todo arredor das cores dos bicos, pero ¿os bicos poden ser de cores?.
Pois si, descubrimos que hai bicos laranxas, azuis, verdes, vermellos...... tantas cores como o arco da vella; non todos teñen o mesmo significado, se queredes descubrir cal é cal, ollade este video.