Hoxe 17 de maio do 2014 festexamos o día das Letras Galegas.
Na aula de tres anos quixemos coñecer máis de cerca a obra do homenaxeado deste ano, Xosé Mª Díaz Castro, e para iso escollemos un fermoso poema recollido no seu libro Nimbos: ESMERALDA.
Este traballo de aula permitiunos incidir unha vez máis nas propiedades da escritura, neste caso, procurando as letras do noso nome nos versos que escribiu Xosé Mª Díaz Castro.
Pero non fomos os únicos, xa que tanto no noso cole, como en moitos outros coles de Galicia traballaron a biografía e a obra deste autor. Gustaríame destacar e compartir con todos vós dous fermosos traballos.
O primeiro deles é un video creado polo CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira onde a través da técnica de stop motion ilustran Esmeralda, un poema que tamén escollemos nós e que pertence a Nimbos, libro de Xosé Mª Díaz Castro.
E o segundo procede de Guitiriz, terras do autor, xa que o IES Poeta Díaz Castro aventurouse en recuperar un documental sobre a figura do autor que lle dá nome ao centro. Destacar a adaptación dunha melodía moi popular con versos de Nimbos para crear a canción ESA LUS.
Fermosos traballos arredor de Xosé Mª Díaz Castro, e o máis importante arredor da nosa lingua, o galego.