Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de mayo de 2013

TEATRO NOVACAIXAGALICIA

Esta saída é a segunda que facemos neste curso, polo que vos podedes imaxinar as gañas e ilusións dos picariños, non o podían crer!.

Nesta ocasión decidimos achegarnos a Pontevedra, cidade coñecida para eles, para gozar dunha obra de teatro de títeres titulada A caixa da Música desenvolta por Viravoltas Teatro. 

Escoitamos, ben atentos e en primeira fila, a historia de Icía e Salterio, unha nena e mailo seu mono. Están xogando cando, de súpeto, estragan a caixa de música de Calderón, vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Ancruso e Arpexio, que lle prestarán "unha gran axuda". 

Un gran espectáculo con música en directo e moi atractivo visualmente dado os xogos de cores e os reflexos que alí puidemos ollar. 

jueves, 26 de abril de 2012

O ARXINA E O FELO

A xornada aínda non rematara, xa que a partires das 15.15 da tarde gozamos co espectáculo O Arxina e o Felo producido pola compañía de monicreques Viravoltas, partindo dun texto de Francisco Rozados, coñecido por todos como "Rochi". Esta pequena obra conta a lenda sobre a construción dunha ponte. A destacar a inclusión de palabras dentro da obra do latín dos canteiros (arxinas) fala específica deste oficio. O espectáculo, cos seus protagonistas principais, os  arxinas fixeron as ledicias de pequenos, non fai falla comentalo, mirade nas imaxes, xa o din todo.

Aquí vos deixamos o video promocional do espectáculo. 


jueves, 13 de mayo de 2010

TEATRO EN PONTEVEDRA


Como xa vos anunciaramos, e xa sen imprevistos, durante a mañá de hoxe estivemos en Pontevedra gozando coa obra de teatro " El gusano que quería volar", na cal se contaba a historia de Gordito un verme de seda, quen sen saber que vai ter unhas ás dentro de pouco, contempla prendado a fermosa bolboreta que bebe nas flores, á simpática mariquita Lola que canta e baila flamenco, a sabia cigarra que está aprendendo a tocar a guitarra, o escarabello coas súas grandes cacas e as duas ourugas con ouriguín, o seu pequeno.


A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS