Benvidos!!!
viernes, 30 de septiembre de 2011
CAMBIO NO HORARIO
jueves, 1 de septiembre de 2011
XA FALTA POUCO
Xa remataron as vacacións de verán, agora dentro duns días estaremos todos de volta enchendo esas baleiras aulas con risas e choros que resonarán en todo o colexio. Este curso espéravos cargado de novas e sorpresas, asi que ánimo a todos e a todas.
Para poder acostumarnos á volta ás aulas, que mellor forma que seguir as recomendacións dos expertos quenes falan dun periodo de asimilación de horarios.
Asi que………. MANS Á OBRA
PARABÉNS A TODOS
Durante os meses de xullo e agosto varios dos nosos pícaros celebraron o seu aniversario, e dende aquí queremos felicitalos a todos eles.
MOITAS FELICIDADES SARAI, ELENA, SILVIA, RUBÉN e MARCOS
Se algún de vós quere compartir algunha fotografía tomada ese día, podedes mandala ao correo electrónico da aula (ospicarosdevane@hotmail.com) e subireina encantada.
FESTA FIN DE CURSO
Antes de iniciar esta nova andaina vamos a recordar como rematou a anterior.
Como todas mamis e papis sabedes o último luns de clase, tivemos unha xornada moi divertida en Pontemaril. Gozamos cos xogos, coa comida, co bo tempo, e como non cos inchables, aos cales subirmos e subimos e subimos……..
Aqui vos deixamos unha mostra do que foi aquel día.



