Durante estas últimas semanas quixemos outorgarlle a lingua galega a importancia que ten, moito máis nunha zona onde está a cotío nas nosas bocas.
Para iso, o Equipo de biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega pedíronnos que procurásemos termos en galego para compoñer entre todos os alumnos e alumnas do centro o mural: A NOSA LINGUA, O NOSO TESOURO.



