Mateo e Valeria asinan na pomba da Paz
Esta semana festexamos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Para que o alumnado comprenda a súa importancia dentro do noso contexto empregamos diferentes actividades, entre outras destacar a elaboración dun Abecedario Internacional da Paz (actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca).
Hoxe, é como actividade final, gozamos dunha xornada completa de actividades revindicativas en pro dun mundo mellor: reparto de bicos de cores polos alumnos de 3 anos, lectura do conto "Por cuatro esquinitas de nada" , alumnos de 3º, recitado dos alumnos de 4 e 5 anos, actuación dos nenos e nenas de 4º dunha peza titulada "What a wonderful World" , entre todos cantámoslle (Que vivan a paz e o amor) e firmamos pola Paz.
Para que poidades ollar o que fixemos, e o ben que cantamos, recomendámosvos visitedes o blog da biblioteca e o de Normalización Lingüística.

+18.20.14.png)
+18.21.17.png)





+19.21.03.png)

+19.37.16.png)

+18.51.13.png)

+18.28.39.png)



