Na nosa aula estamos a desenvolver un Taller de Cociña, preparando, como podedes ver nas entradas anteriores, receitas arrepiantes. Agora ben, esta actividade non queremos que quede só dentro da nosa aula, polo que precisamos estender o noso taller e convertelo no Taller de Cociña Familiar; queremos que nenos e nenas gocen da e coa cociña, rodeados dos que mais queren, pais, nais, avós,a voas, madriñas…
Para poder facer realidade esta iniciativa, dende
este venres cada nena e neno coa súa familia gozará do Maletín Viaxeiro. Dentro deste atoparemos o noso Receitario Viaxeiro, onde poderedes agasallarnos con novas receitas moi apetitosas, e facer os comentarios que consideredes oportunos, e un libro de receitas titulado Mi primer Libro de Cocina, que vos ofrecerá novas ideas, aínda que non creo que faga falla.
Esperemos que gocedes da actividade tanto coma nós,
ÁNIMO E A COCIÑAR!!!!!
