O luns 14 de Xuño fixemos unha saída moi especial para os cativos e cativas, xa que por primeira vez durante todo este curso, iamos de excursión, comemos fóra do cole, vimos animais moi curiosos e gozamos un anaquiño pequeniño (así dicían eles) da praia de Samil. Esa mañá todos estaban e estabamo moi nervosos, así que xuntamos as merendas, e puxémonos rumbo a Vigo. Na metade do camiño xa comezaron a preguntar falta moito? chegamos?, o camiño de ida pareceulle unha eternidade, fíxoselle larguísimo, así fooi que cando chegamos todos se puxeron a saltar e aplaudir.
O primeiro lugar que visitamos foi o Zoo A Madroa de Vigo. Aquí tedes un plano do que podedes atopar alí.
Entramos, e apareceu unha monitora que nos explicou as normas de comportamento dentro do zoo (non gritar, nin correr, non tirarlle comida aos animais....). Unha vez claro este aspecto, comezou a nosa visita. A primeira parada foi onda as tortugas e así puidemos coñecer moitas cousiñas delas, pero sobre todo puidemos ver por primeira vez para todos, unha tortuga caimán.
Durante a visita polo zoo estivemos a ver diversos animais como xabaríns, osos, panteras, linces, ñandús, macacos..... pero sen lugar a dúbidas o que máis expectación causou foron o tigre e mailo león, os nenos levaban esperando toda a mañá para poder ollalos, e quedaron abraiados.
A visita xa chegara ao seu fin, e todos e todas tiñamos moita fame, asi que decidimos ir cara Samil, alí comeriamos e gozariamos da praia durante un anaquiño da tarde. e así foi. primeiro sentámonos nestas mesas de pedra, e puxémonos a comer, algún non tiña moi claro se era a merenda de media mañá, se era o xantar....
Rematada a hora de comer disfrutamos un chisco da area da praia. estaban encantandos. primeiro sacaron os calcetíns e mailos zapatos, despois as camisetas, despois os pantalóns.... O máis divertido chegou cando nos tivemos que volver vestir, algún non atopaba a súa roupa, outro puxo camiseta, pantalón ao reves..... un lío, pero moi divertido.
A verdade e que todos gozamos con esta saída, e sobre todo eles os máis pequenos, que pasados varios días aínda recordan esa saída con moito agarimo.



