Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Saída. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saída. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de mayo de 2013

TEATRO NOVACAIXAGALICIA

Esta saída é a segunda que facemos neste curso, polo que vos podedes imaxinar as gañas e ilusións dos picariños, non o podían crer!.

Nesta ocasión decidimos achegarnos a Pontevedra, cidade coñecida para eles, para gozar dunha obra de teatro de títeres titulada A caixa da Música desenvolta por Viravoltas Teatro. 

Escoitamos, ben atentos e en primeira fila, a historia de Icía e Salterio, unha nena e mailo seu mono. Están xogando cando, de súpeto, estragan a caixa de música de Calderón, vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Ancruso e Arpexio, que lle prestarán "unha gran axuda". 

Un gran espectáculo con música en directo e moi atractivo visualmente dado os xogos de cores e os reflexos que alí puidemos ollar. 

jueves, 21 de febrero de 2013

VISITAMOS O MUSEO DO POBO GALEGO


Este curso estamos a participar nun Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca do cole relacionado cos oficios tradicionais galegos, Laborando en galego, e claro, que mellor forma de coñecer estes traballos que visitar o Museo do Pobo Galego.
Puxemos rumbo a Santiago de Compostela onde se ubica dito museo, e xunto cos compañeiros de Infantil e o primeiro ciclo de primaria pasamos unha mañá moi entretida participando do taller "Xogos Bailados". 
Alí puidemos ver útiles e ferramentas ben antigas, tocar panos e mantelos, cantar cancións de antes, e como non gozar da baixada pola gran escaleira de espiral triple.


jueves, 16 de junio de 2011

UNHA XORNADA ESPECIAL: VISITAMOS AOS BOMBEIROS

Preparados…. Listos…. Xa!!!

Así comeza a xornada de hoxe

P1040734Hoxe é un día moi especial para os picariños xa que despois de escoitar e estudar aspectos sobre a vida dos bombeiros, por fin poderemos velos na realidade, e para iso acercámonos ao parque de bombeiros de Silleda.

Alí tivemos a gran sorte de contar con catroP1040733 bombeiros que nos explicaron os perigos do lume e de xogar cos acendedores, como saír dunha habitación ante unha situación de fume, a quen temos que chamar cando hai unha emerxencia (112)…… Ademais, tamén amosáronnos o interior do camión de bombeiros, e a cantidade de ferramentas que precisan dependendo da emerxencia. Puidemos ver e tocar

mangueiras con diferentes bocas, tesoiras moi grandes para cortar os coches cando hai accidentes, botellas de osíxeno, lanternas, martelos, ……

Pero non só iso, subíronnos a varios metros de altura, puidemos ver un dos bombeiros descender pola súa torre de maniobras, e as mestras pagaron coa axuda dos extintores un pequeno incendio.

A xornada foi estupenda, e por encima os bombeiros regala´ronnos un casco de bombeiro vermello, un Carnet de Bombeiro Infantil e un libro para colorear. Sen lugar a dúbida hoxe foi un día moi grande na vida dos picariños.

 

E coma sempre agradecervos a vós, as familias por permitirnos poder desenvolver esta actividade e agardamos con moito os vosos comentarios sobre esta actividade.

SAÍDA AO GROVE

Este luns  13 de Xuño os picariños xunto cos  restantes nenos e nenas do colexio fomos visitar O Grove.

P1040567Saímos arredor das 10.00 da mañá, moi ilusionados e despois dunha hora e media de viaxe, e de varias preguntas de “canto falta?”chegamos xa”,  detivémonos no Centro de Interpretación da Pesca e da Salga (O Grove). Este centro consta de dous espazos. O primeiro atópase ao aire libre, en Punta Moreiras, onde nos explicaron o proceso da salazón do peixe .    

P1040551

P1040554

 

E o segundo, situado nunha nave, na cal puidemos ver unha exposición sobre artes de pesca e historia mariñeira. Gozamos vendo diversas maquetas, cunchas con variadas formas, nasas, redes, …. e aparellos diferentes, polos que amosamos moita curiosidade.

Xa iamos tendo fame, así que mentres regresabamos ao autobús, fixemos unha foto de grupo e  tomamos unha galleta,  que nos soubo…………….. “ a gloria”!!!.

P1040601 

 

 

 

 

 

P1040603

 

 

 

 

 

 

Rematada esta primeira parada, tocaba baixar ao tren%20grove%201porto do Grove para dar unha volta no tren “especial” como dixeron algúns dos Picariños, xa que o tren non ía polas vías senón que nos dou un paseo pola carreteira, dende O Grove ata  A Toxa. 

As visitas  remataron,era hora de comer. Arredor das 14.30 chegamos a Praia de Montalvo e alí puidemos saciar os nosos estómagos famentos.

Cando rematamos de manxar puidemos botar unhas carreiras, pero….. a xornada estaba rematando, e o tempo xa se acababa, así que aínda que os nenos e nenas insistiron, xa non puidemos baixar á praia, quedará pendiente para o próximo ano.

Unha vez montados no autobús, e despois dunha xornada esgotadora, so quedaba durmir, así que “mans á obra”.  Todos os picariños, agás Rubén, tiveron unha viaxe de regreso chea de doces soños.

Grazas a todas as familias por permitirnos, aos mestres do CEIP Nosa Señora das Dores, e en especial aos de mestres de infantil, poder compartir esta xornada con estes picariños. E lembrade que sen a vosa axuda estas actividades nunca se poderían realizar.

Agardamos os vosos comentarios sobre a primeira saída na vida escolar dos nenos e nenas de tres anos.

martes, 22 de marzo de 2011

PRIMEIRA SAÍDA AO PARQUE

Parece ser que esta semana que comeza a Primavera o tempo nos está a dar un respiro eP1030652 por iso decidimos pasar unha tarde diferente e entretida, e para iso, decidimos visitar o parque de Forcarei. Todos puidemos disfrutar do tobogán, bambán, e sobre todo do bo tempo.


P1030656P1030659








P1030660

jueves, 24 de junio de 2010

SAÍDA A VIGO


O luns 14 de Xuño fixemos unha saída moi especial para os cativos e cativas, xa que por primeira vez durante todo este curso, iamos de excursión, comemos fóra do cole, vimos animais moi curiosos e gozamos un anaquiño pequeniño (así dicían eles) da praia de Samil. Esa mañá todos estaban e estabamo moi nervosos, así que xuntamos as merendas, e puxémonos rumbo a Vigo. Na metade do camiño xa comezaron a preguntar falta moito? chegamos?, o camiño de ida pareceulle unha eternidade, fíxoselle larguísimo, así fooi que cando chegamos todos se puxeron a saltar e aplaudir.

O primeiro lugar que visitamos foi o Zoo A Madroa de Vigo. Aquí tedes un plano do que podedes atopar alí.

Entramos, e apareceu unha monitora que nos explicou as normas de comportamento dentro do zoo (non gritar, nin correr, non tirarlle comida aos animais....). Unha vez claro este aspecto, comezou a nosa visita. A primeira parada foi onda as tortugas e así puidemos coñecer moitas cousiñas delas, pero sobre todo puidemos ver por primeira vez para todos, unha tortuga caimán.





Durante a visita polo zoo estivemos a ver diversos animais como xabaríns, osos, panteras, linces, ñandús, macacos..... pero sen lugar a dúbidas o que máis expectación causou foron o tigre e mailo león, os nenos levaban esperando toda a mañá para poder ollalos, e quedaron abraiados.
A visita xa chegara ao seu fin, e todos e todas tiñamos moita fame, asi que decidimos ir cara Samil, alí comeriamos e gozariamos da praia durante un anaquiño da tarde. e así foi. primeiro sentámonos nestas mesas de pedra, e puxémonos a comer, algún non tiña moi claro se era a merenda de media mañá, se era o xantar....
















Rematada a hora de comer disfrutamos un chisco da area da praia. estaban encantandos. primeiro sacaron os calcetíns e mailos zapatos, despois as camisetas, despois os pantalóns.... O máis divertido chegou cando nos tivemos que volver vestir, algún non atopaba a súa roupa, outro puxo camiseta, pantalón ao reves..... un lío, pero moi divertido.
A verdade e que todos gozamos con esta saída, e sobre todo eles os máis pequenos, que pasados varios días aínda recordan esa saída con moito agarimo.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS