Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de mayo de 2014

A NOSA LINGUA, O NOSO TESOURO


Durante estas últimas semanas quixemos outorgarlle a lingua galega a importancia que ten, moito máis nunha zona onde está a cotío nas nosas bocas. 

Para iso, o Equipo de biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega pedíronnos que procurásemos termos en galego  para compoñer entre todos os alumnos e alumnas do centro o mural: A NOSA LINGUA, O NOSO TESOURO. 

Preme encima da imaxe para acceder ao blog de EDLG

A aula de tres anos procuramos palabras relacionadas co tempo meteorolóxico: trebón, arco da vella, néboa, orballo, saraiba, pinga, folerpa… foron algunhas das escollidas. 

viernes, 25 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Imaxe da árbore das recomendacións lectoras
(actividade proposta polo equipo de biblioteca)

Esta semana conmemoramos o 23 de abril como o Día Internacional do Libro e do dereito de autor. Este fextexo celebrado a nivel mundial ten como obxectivo  fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedad e intelectual por medio do dereito de autor. 

Escolleuse esta data, dado que o día 23 de abril coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shaskespeare y o Inca Garcilaso de la Vega, todos eles no ano 1616. 

Os libros e o feito de ler están presentes na nosa aula todos os días, por iso nesta ocasión decidimos recoller todas as fotografías onde estamos gozando dos e cos nosos amigos os libros e crear un vídeo, empregando a música de Pablo Díaz  O libro, recollida en Tic Tac, publicado por Kalandraka. 

Os amigos, os libros from vanessa.arca on Vimeo.
Dende a biblioteca, Biblo, a nosa mascota, preparou unhas árbores que tivemos que decorar coas nosas recomendacións lectoras. 




Ademais o mércores pola tarde os alumnos e alumnas de 4º e 6º de Educación Primaria en colaboración co  equipo de biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega prepararon este telexornal para explicarnos o porqué deste día. 

Premede encima da imaxe para acceder ao telexornal

miércoles, 1 de mayo de 2013

ZOQUEANDO: XOGAMOS?

Para acceder preme encima desta imaxe

De novo utilizamos esta ferramenta, Quiz Revolution. Nesta ocasión e tal como comentamos nunha entrada anterior arredor da figura dos zoqueiros, oficio tradicional galego no cal estamos investigar (formando parte do Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca). 

martes, 23 de abril de 2013

CONTOS CANTADOS



A verdade e que dende a biblioteca lévase varios cursos apostando moi forte pola lectura, e como non pode ser doutro xeito, neste día os libros non poden faltar. 

Biblo, a nosa mascota, e o profe de música, Toño, prepararon unha actividade arredor dos contos. Nesta ocasión gozamos dos contos cantando, porque, quen dixo que unha historia non se pode cantar?. 

Unha sesión estupenda na cal coñecemos un sinfín de animais: o coala, o camaleón e o pitiño son algúns exemplos. 




UN LEMA, UNHA FLOR



Baixo a frase "Un lema, unha flor", a biblioteca do noso cole, encabezada por Biblo, a nosa mascota, quixo facer un chamamento a todos os rapaces do colexio, na procura de lemas relacionadas coa lectura ou co feito de ler para conmemorar o Día do Libro.

Os Picariños non quixemos quedar atrás e confeccionamos unha bonitas flores con lemas ben dispares. Algúns dos escollidos foron:
  • Leo porque me gusta aprender. 
  • Eu leo porque me gustan os contos. 
  • Leo porque me gusta.
  • Eu leo porque vexo contos moi chulos.
  • Eu leo para aprender. 

jueves, 21 de marzo de 2013

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Imaxe Fondos de pantalla: Vladstudio

Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía, proclamado pola UNESCO en París en 1999. A intencionalidade deste festexo, non é outra que promover a diversidade de linguas a través da expresión poética. 
Durante a xornada de hoxe, e tendo en conta esta premisa, a biblioteca escolar do noso cole quixo apoiar a poesía e a tradición oral, propoñéndonos un recital.
Así que.... puxémonos a iso, e durante esta semana preparamos con moitas gañas e algún atranco (enfermidades e ausencia dalgún cativo e cativa) este fermoso poema relacionado coa temática do noso Proxecto Documental Integrado Laborando en Galego. Esta investigación anual pretende un achegamento aos oficios tradicionais galegos.

"Oficio e Beneficio", de Carlos Fontes recoñece a importancia de non esquecer oficios dos nosos devanceiros, neste caso, do bisavó Patricio.
No seguinte video poderedes gozar do fermoso poema na voz dos Picariños.

Se queredes descargar o texto teredes que premer encima da imaxe. 

jueves, 21 de febrero de 2013

VISITAMOS O MUSEO DO POBO GALEGO


Este curso estamos a participar nun Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca do cole relacionado cos oficios tradicionais galegos, Laborando en galego, e claro, que mellor forma de coñecer estes traballos que visitar o Museo do Pobo Galego.
Puxemos rumbo a Santiago de Compostela onde se ubica dito museo, e xunto cos compañeiros de Infantil e o primeiro ciclo de primaria pasamos unha mañá moi entretida participando do taller "Xogos Bailados". 
Alí puidemos ver útiles e ferramentas ben antigas, tocar panos e mantelos, cantar cancións de antes, e como non gozar da baixada pola gran escaleira de espiral triple.


miércoles, 20 de febrero de 2013

O TENDAL NAMORADEIRO


Co gallo do Día dos Namorados o 14 de febreiro, a biblioteca do noso colexio quixo que nos convertiramos en costureiras e sastres e escribiramos unha fermosa misiva de amor para un namorado ou namorada. 
Os Picariños non o dubidamos. Collemos lápis e papel e ...... enchemos estas pezas de roupa de fermosas frases/palabras de amor.

Con todas as cartas, Biblo, a mascota da biblioteca creou un gran TENDAL MORADEIRO. 


miércoles, 24 de octubre de 2012

QUE É PARA TI UNHA BIBLIOTECA

Con motivo do Día das Bibliotecas (24 de Outubro), decidimos plasmar nun debuxo o que era para nós a biblioteca, neste caso centrándonos na biblioteca do noso cole.

Algunhas das ilustraciones dos nosos picariños  foron as seguintes: 

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS