Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Colaboración coa Galiña Azul. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Colaboración coa Galiña Azul. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de diciembre de 2012

ILUSTRACIÓN DO TALLER DE COCIÑA

O Taller de cociña sempre da de sí, neste caso, pedímoslles aos Picariños que ilustrasen cos seus magníficos debuxos o día vivido na escola. Como podedes descubrir cada quen recorda e vive esos momentos de xeito diferente. A maiores tiveron que compoñer a frase que recollía o que sucedía en cada debuxo. 
De novo, agradecer as mestras da Galiña Azul a súa disposición para cos picariños, e recordade que esperamos que sexa o inicio de vindeiras actividades. 

miércoles, 12 de diciembre de 2012

TALLER DE COCIÑA INTERESCOLAR

Na xornada de hoxe, os picariños quixeron trasladar o seu Taller de Cociña á Galiña Azul, para poder así compartir cos cativos da escola unha saborosa receita: GALLETAS. 
Os nenos de infantil, tanto primeiro de primeiro ciclo (0-3 anos) como segundo ciclo (3-6 anos) compartiron a elaboración dunha receita dunhas saborosas galletas.






















Entrementras xogamos, pintamos, cantamos e compartimos unhas horas xuntiños, cos nosos novos amigos e algún que outro coñecido, ou irmá, como no caso de Rubén.














Sen lugar a dúbidas unha nova forma de colaboración e cooperación interciclos que esperamos poder repetir próximamente. 

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS