O noso centro solicitou ao Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) a axuda para a distribución de froita fresca entre o noso alumnado durante este curso escolar.
Como se ver nesta actividade concedéronnos a axuda e durante este primeiro trimestre puidemos gozar dunha semana de merendas saudables.
Os Picariños quixemos aproveitar esta ocasión para inicidir na lectoescritura, ao mesmo tempo que probamos as froitas de temporada, recordando sempre o noso lema "Hai que probar de todo".




