Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta AMOR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AMOR. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de febrero de 2013

O TENDAL NAMORADEIRO


Co gallo do Día dos Namorados o 14 de febreiro, a biblioteca do noso colexio quixo que nos convertiramos en costureiras e sastres e escribiramos unha fermosa misiva de amor para un namorado ou namorada. 
Os Picariños non o dubidamos. Collemos lápis e papel e ...... enchemos estas pezas de roupa de fermosas frases/palabras de amor.

Con todas as cartas, Biblo, a mascota da biblioteca creou un gran TENDAL MORADEIRO. 


martes, 19 de febrero de 2013

O NOSO LIBRO DOS BICOS


Non quedamos impasibles ante esta temática, xa que a nós, aos picariños encántannos os bicos laranxas, verdes....., de todas as cores!
Unha vez lido o conto, puxémonos mans á obra e recollemos nunha pequena actividade, realizada por equipos (parellas e tríos), as características principais dos bicos que aparecen no conto de Mamá, ¿de qué color son los besos?. Aludimos á cor, descrición e comparación. 
A maiores, e o que máis nos gustou foi experimentar co noso propio corpo, neste caso pintamos os beizos e agasallamos bicos de cores.
En breve poderedes ver o resultado deste libro, entrementres ollade algunhas instantáneas deste proceso.

lunes, 18 de febrero de 2013

MAMÁ, ¿ DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS?


Pero que hai máis fermoso que as mostras de amor?, e se son en forma de fermosos bicos moito mellor!!!. 
Por iso, durante estas semana estivemos a conversar sobre  o amor, os bicos a súa importancia, as cores.... e claro, para todo iso empregamos un conto estupendo que tres picariños, Manuel, Carla e Silvia, xa coñecían, MAMÁ, ¿DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS? de Elisenda Queralt ilustrado por Carla Pott e editado por Itsimgical (Imaginarium).

Unha fermosa historia de Pablo, un cativo con moitas inquedanzas e cuestións, sobre todo arredor das cores dos bicos, pero ¿os bicos poden ser de cores?. 

Pois si, descubrimos que hai bicos laranxas, azuis, verdes, vermellos...... tantas cores como o arco da vella; non todos teñen o mesmo significado, se queredes descubrir cal é cal, ollade este video. 





viernes, 15 de febrero de 2013

HISTORIAS CON MOITO AMOR


O amor está presente nas nosas vidas, e moito máis este mes. Sendo esto un feito, quixemos recoller algúns títulos interesantes para conversar cos cativos sobre o amor empregando a plataforma Pinterest.   Seguro que algún deles xa os coñecedes. 

jueves, 23 de febrero de 2012

DOCE AMOR

P1090511A semana pasada celebramos no colexio o Día de San Valentín, día dos namorados, e a aula de catro anos, non se quedou atrás, como non podía ser doutro xeito, decidiu facer un biscoito para compartir con todos e todas,  nesta ocasión foi un biscoito de amor.

Aquí vos deixamos algunha das imaxes do noso proceso, como non agradecer as nosas cociñeiras, xa que precisamos a súa axuda para poder cocer este doce. 

P1090507P1090516

 P1090515

lunes, 14 de febrero de 2011

CARTAS DE AMOR

O mes de febreiro é o mes dos Namorados, por iso, no noso centro quixemos celebralo realizando unhas cartas de amor-amizade e entregándollas ao BUZÓN NAMORADO, que se atopaba ás portas da biblioteca.










































Despois, o martes 15 de novembro repartíronse as cartas, e......... SORPRESA!!! todos tiñamos unha carta.


A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS