As vacacións parece ser que aínda non chegaron ao centro; por que digo isto?, porque o claustro de profesores do colexio, estivo a preparar a exposición dos traballos realizados durante este curso con motivos do Proxecto Documental Integrado: Onde vivimos?.
No noso caso, os picariños estivemos estudando a gastronomía propia da zona. Se queredes ollar os nosos traballos esperámosvos a mañá venres na sala de xuntas do concello ás 20.00 horas de tarde. E para aqueles que non poidades asistir quedará aberta a exposición durante a vindeira semana no horario de apertura do concello.
Deica mañá




