Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Imaxe da árbore das recomendacións lectoras
(actividade proposta polo equipo de biblioteca)

Esta semana conmemoramos o 23 de abril como o Día Internacional do Libro e do dereito de autor. Este fextexo celebrado a nivel mundial ten como obxectivo  fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedad e intelectual por medio do dereito de autor. 

Escolleuse esta data, dado que o día 23 de abril coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shaskespeare y o Inca Garcilaso de la Vega, todos eles no ano 1616. 

Os libros e o feito de ler están presentes na nosa aula todos os días, por iso nesta ocasión decidimos recoller todas as fotografías onde estamos gozando dos e cos nosos amigos os libros e crear un vídeo, empregando a música de Pablo Díaz  O libro, recollida en Tic Tac, publicado por Kalandraka. 

Os amigos, os libros from vanessa.arca on Vimeo.
Dende a biblioteca, Biblo, a nosa mascota, preparou unhas árbores que tivemos que decorar coas nosas recomendacións lectoras. 




Ademais o mércores pola tarde os alumnos e alumnas de 4º e 6º de Educación Primaria en colaboración co  equipo de biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega prepararon este telexornal para explicarnos o porqué deste día. 

Premede encima da imaxe para acceder ao telexornal

miércoles, 24 de abril de 2013

CÓNTASNOS UN CONTO?


Xa chegou mércores, por fin!!! decía Marcos. Levaba toda a semana esperando este día, que por que?, non volo imaxinades?, pois porque a súa nai ven ler un conto despois do recreo. 

Preparamos todo, achegámonos á biblioteca e..... comezamos. Os títulos escollidos nesta ocasión foron En la granja e unha fábula de El lobo flautista y el cabrito.

 





Por certo, entre conto e conto, tivemos unha visita inesperada, unha formiga que quixo compartir con nós a lectura destes fermosos contos.



martes, 23 de abril de 2013

CONTOS CANTADOS



A verdade e que dende a biblioteca lévase varios cursos apostando moi forte pola lectura, e como non pode ser doutro xeito, neste día os libros non poden faltar. 

Biblo, a nosa mascota, e o profe de música, Toño, prepararon unha actividade arredor dos contos. Nesta ocasión gozamos dos contos cantando, porque, quen dixo que unha historia non se pode cantar?. 

Unha sesión estupenda na cal coñecemos un sinfín de animais: o coala, o camaleón e o pitiño son algúns exemplos. 




UN LEMA, UNHA FLOR



Baixo a frase "Un lema, unha flor", a biblioteca do noso cole, encabezada por Biblo, a nosa mascota, quixo facer un chamamento a todos os rapaces do colexio, na procura de lemas relacionadas coa lectura ou co feito de ler para conmemorar o Día do Libro.

Os Picariños non quixemos quedar atrás e confeccionamos unha bonitas flores con lemas ben dispares. Algúns dos escollidos foron:
  • Leo porque me gusta aprender. 
  • Eu leo porque me gustan os contos. 
  • Leo porque me gusta.
  • Eu leo porque vexo contos moi chulos.
  • Eu leo para aprender. 

lunes, 22 de abril de 2013

DOBLE SESIÓN DE CONTACONTOS

Este luns estivo cheo de grandes sorpresas, e sobre todo de grandes lecturas.

A primeira hora visitounos a mamá de Manuel, Raquel quen nos agasallou coa  lectura de A Bruxa Regañadentes, da editorial OQO. Para aqueles que non o coñezades, ai vos vai este video. 

Como se pode ver nas seguintes imaxes gozamos desta contacontos con sorpresa, xa que unha vez rematado o conto, obsequiounos unha gran torta de chuches, ummmm que ricas!!!!. 
 

Moitas grazas Raquel por colaborar nesta proposta. 

Estaredes a preguntarvos, quen ou quenes foron os segundos contacontos, non? Pois....... foron os nosos compañeiros de 3º de Educación Primaria, quenes en vísperas da celebración do Día do Libro, quixeron participar nunha sesión literaria. Puidemos  escoitar tres relatos creados por eles e como non, facerlle infinidade de preguntas.















Moitas grazas a todos eles, por compartir con nós unha tarde chea de moitas inquedanzas arredor da lectura.

sábado, 20 de abril de 2013

CÓNTASNOS UN CONTO? NA PRENSA

El Faro de Vigo faise eco da actividade que comezamos onte: Cóntasnos un conto?. 

Preme encima para acceder á nova

viernes, 19 de abril de 2013

CÓNTASNOS UN CONTO?


Durante este mes de Abril, queremos, de xeito especial, incentivar a lectura dentro das aulas, sobre todo nas dos mais pequenos. Por iso, dende a aula de cinco anos, decidimos contar de novo coas familias para tal menester. 

A mamá de Uxía empeza un ciclo de once visitas, tantas coma picariños contamos, nas cales gozaremos de boas lecturas e como non de boa compaña.

Esta actividade está dentro das promovidas por Biblo, a mascota da nosa biblioteca co motivo, na vindeira semana,  da celebración do Día do Libro (23 de abril).

Presentamos os mellores momentos desta sesión. 
Cóntasno un conto? on PhotoPeach

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS