Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Os Pícaros acabamos de rematar e mandar a nosa creación a nosa curta: Pilú!, Pilú!.
Aquí rematan unhas semanas de moito traballo, de ilusións, risas, nervos ... pero sobre todo moita pero que moita creación. Durante estos meses os cativos convertíronse en verdadeiros creadores de escenarios, voces, efectos e como non de planos e de movemento.
Un gran proxecto, que se desenvolveu grazas a colaboración de María a profe de inglés, de Toño, o profe de música, e a axuda incondicional de Anabel e Marta. E como non, non queremos esquecernos de vós familias, xa que os vosos ánimo sempre foron e son tan importantes. En breve presentaremos a nosa curta, esperando que sexa do agrado de todos e cada un de vós.
Esta semana foi a quenda de Teresa, quen nos deleitou con dous sorprendentes contos. Destacamos un deles, por consideralo un fermoso título.
¿Me perdonas? de Nobert Landa da editorial Pearson Educación/Alhambra trata sobre Oso e Conejo dous grandes amigos que o facían todo xuntos: comer, xogar, contarse contos.... Ata que un bo día un obxecto brillante que atoparon no seu xardín os separou.
Esta saída é a segunda que facemos neste curso, polo que vos podedes imaxinar as gañas e ilusións dos picariños, non o podían crer!.
Nesta ocasión decidimos achegarnos a Pontevedra, cidade coñecida para eles, para gozar dunha obra de teatro de títeres titulada A caixa da Música desenvolta por Viravoltas Teatro.
Escoitamos, ben atentos e en primeira fila, a historia de Icía e Salterio, unha nena e mailo seu mono. Están xogando cando, de súpeto, estragan a caixa de música de Calderón, vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Ancruso e Arpexio, que lle prestarán "unha gran axuda".
Un gran espectáculo con música en directo e moi atractivo visualmente dado os xogos de cores e os reflexos que alí puidemos ollar.
Chegou o momento de imaxinar como poden ser esas zocas ou zocos? son o mesmo?. Como comprobaredes nos nosos debuxos, cadaquen ten a súa visión sobre esta cuestión.
Os crocodilos, son animais que a priori podemos considerar feos, temorosos e moi perigosos, agora ben non todos son así. Grazas a lectura de Pilú!, Pilú! coñecemos un crocodilo cunha gran dor de moas, que precisará da axuda dun simple paxariño para superar esa pena. Esta situación fará que estes dous animais creen vínculos de amizade que perdurarán no tempo.
Trala fermosa lectura quixemos retratar aos seus protagonistas, ollade as nosas ilustracións.
De novo utilizamos esta ferramenta, Quiz Revolution. Nesta ocasión e tal como comentamos nunha entrada anterior arredor da figura dos zoqueiros, oficio tradicional galego no cal estamos investigar (formando parte do Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca).
SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS
POR UN ENSINO PÚBLICO
Pintura de Leandro Lamas
Contacta con nós
ospicarosdevane@hotmail.com
AGORA NO MÓBIL
Abre o lector de Códigos QR, achega o móbil e goza cos Picariños.